Accesibilidade

Accesibilidade

A LSSI (Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico) na súa disposición adicional quinta di:

Un. As Administracións públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas respectivas páxinas de Internet poida ser accesible a persoas con discapacidade e de idade avanzada de acordo cos criterios de accesibilidade ao contido xeralmente recoñecidos antes do 31 de decembro de 2005.

O portal da OEPM ten entre os seus obxectivos garantir o acceso á información e aos servizos das súas páxinas sen limitación nin restrición ningunha por razón de discapacidade de calquera carácter ou condicionantes técnicos, tendo en conta que moitas persoas que acceden á información incluída en páxinas web o fan dende diferentes dispositivos e contextos.

Para este efecto, as nosas directrices de accesibilidade son as seguintes:

  • Cumprimento das normas WCAG (Web Content Accessibility Guidelines) do W3C (World Wide Web Consortium), no seu nivel A.

    Icono de conformidad con el Nivel A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI.  Abrir en ventana nueva

  • Verificación do cumprimento das directrices citadas a través do Test de Accesibilidade Web (TAW).
  • A presentación baséase na Recomendación do W3C sobre as Follas de Estilo en Fervenza, Nivel 2 (CSS2). Se o seu navegador non soporta follas de estilo en fervenza é posible navegar pola web sen ningún problema.

    ¡CSS Válido!  Abrir en ventana nueva

  • Usouse o estándar recomendado en emprego de código XHTML verificando as recomendacións XHTML 1.0 Transitional, polo que se visualizará correctamente en calquera navegador que dea un soporte correcto ao devandito estándar.

    ¡XHTML 1.0 Transitional Válido! Abrir en ventana nueva

Naturalmente, somos conscientes de que a accesibilidade deste portal pode mellorarse, e traballamos para lograr isto. Invitámolo a axudarnos neste esforzo cos seus comentarios ou suxestións.