Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónA plataforma CIBEPYME www.cibepyme.com é unha plataforma de apoio ás pemes iberoamericanas que desexan internacionalizarse na rexión.
Neste sitio web pódese encontrar toda a información necesaria que as pemes necesitan coñecer para poder sacar rendibilidade dos resultados da súa innovación nos países pertencentes ao Programa iberoamericano de propiedade industrial (IBEPI www.ibepi.org): Arxentina, Brasil, Colombia, Costa Rica, Ecuador, Guatemala, El Salvador, España, México, Paraguai, Perú, Portugal, República Dominicana e Uruguai.
Nela bríndase información, servizos e asistencia gratuíta (mediante formulario de consulta) en materia de propiedade intelectual para favorecer un mellor aproveitamento dos sistemas de rexistro. Ademais, a Plataforma permite compartir boas prácticas, casos de éxito de empresas que apostaron polo sistema de rexistro, campañas de sensibilización, novidades e accións levadas a cabo en cada un dos países.
O sitio web está producido en español e os micrositios de Portugal e Brasil, en portugués. Proximamente a información ofrecerase en inglés.
Esta plataforma é unha acción que se enmarca no ámbito da Cooperación Iberoamericana, cuxo obxectivo é promover o uso estratéxico da propiedade industrial como unha ferramenta para o desenvolvemento e integración das sociedades iberoamericanas.
Máis informació: