Marcas o teu futuro


Marcas o teu futuro 2012: primeira eclipse de webs

Marcas tu futuro 2012: primer eclipse de webs

Co obxectivo de concienciar sobre a importancia dos activos intanxibles en beneficio do tecido empresarial español, máis de 140 empresas e institucións, coordinadas pola Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) e a Asociación Nacional para a Defensa da Marca (ANDEMA), levaron a cabo esta campaña o pasado 26 de abril de 2012 con motivo do Día Mundial da Propiedade Industrial.

Con esta acción pretendíase mostrar o impacto que achegan as marcas á economía e sociedade españolas. Todas as institucións e empresas, dun xeito coordinado, levaron a cabo esta acción para conseguir máis repercusión nos medios e, o mesmo día e á mesma hora, as súas páxinas webs apareceron enmascaradas cunha mesma pantalla de acceso, que representa unha eclipse, e que dirixía o portal web www.marcastufuturo.com (enlace fuera de uso)

Nota de prensa

Vídeo da acción

Portal da campaña

Imaxe portal mensaxes

Éxito Primeiro eclipse de webs

Impacto en medios

Premios Alce

Marcas o teu futuro 2013

Marcas tu futuro 2013

Con motivo do 26 de abril 2013, Día Mundial da Propiedade Intelectual e Industrial, a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) e a Asociación para a Defensa da Marca (ANDEMA), uniron de novo os seus esforzos para transmitir a importancia que teñen as marcas na sociedade e economía españolas utilizando a acción "Marcas o teu Futuro". Mantendo a idea dos planetas, incorporáronse as cifras do estudo "Impacto das marcas na economía e na sociedade", elaborado pola Universidade de Alacant a petición da OEPM e ANDEMA, en cada un dos planetas para ilustrar e reforzar as mensaxes.

Ademais, incorporouse un novo planeta "Fidelidade á Marca" que recolle o estudo elaborado polo Consello Superior de Cámaras que mide o grao de fidelización que teñen os consumidores cara ás marcas que consumen.

Percorre os planetas. "Marcas o teu Futuro; Marcas, o teu Futuro" en www.marcastufuturo.com (enlace fuera de uso)

Noticia

Impacto en medios