Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónO sistema de patente europea permite obter protección mediante unha solicitude de patente europea directa con designación naqueles Estados europeos onde se queira obter protección e sexan parte do Convenio Europeo de Patentes. Así, pódese obter protección en ata 38 países do ámbito europeo (membros en maio 2011).
A solicitude de Patente Europea pode ser presentada ante a OEPM pero é tramitada pola Oficina Europea de Patentes e a concesión produce o efecto dunha patente nacional en cada un dos Estados para os que se outorga.
Esta solicitude pódese presentar en español e aplícaselle un desconto dun 20 % sobre a taxa de presentación (en calquera das modalidades en liña ou en papel) e outro 20% sobre a taxa de exame (Regra 6.3 do Convenio de patente europea).Esta solicitude deberá ser traducida a un dos idiomas oficiais antes de tres meses.
De tratarse dunha solicitude EuroPCT, é dicir, unha solicitude internacional PCT que entrou en fase rexional en Europa e cuxo informe de procura internacional foi realizado pola OEPM, a taxa do informe de procura suplementario europeo verase reducida en 940 euros, o que equivale a un desconto de máis do 50% respecto á taxa (publicada no documento PCT Applicant's Guide, National Phase, National Chapter, EP http://www.wipo.int/pct/guide/en/gdvol2/annexes/ep.pdf )
Ademais, o 28 de xullo de 2010, a Oficina Europea de Patentes publicou unha noticia sobre os cambios no Convenio da Patente Europea (regras 141 e 70 do CPE) que supoñen que o traballo que realizasen determinadas oficinas nacionais, entre elas a OEPM, sobre unha solicitude de patente, pode ser utilizado posteriormente pola EPO na tramitación dunha patente europea que reivindique prioridade desta solicitude nacional.