QUE É UNHA SOLICITUDE INTERNACIONAL PCT?


O procedemento PCT facilita a tramitación das solicitudes para a protección das invencións cando se desexa obter a devandita protección en varios países, establecendo un sistema polo que a presentación dunha solicitude única produce os mesmos efectos que se esta solicitude fose presentada en cada un dos países que forman parte do Tratado PCT (136 a 1 de xaneiro de 2007).

Con este sistema iníciase a tramitación de xeito simultáneo, a través dunha única solicitude, en máis de 140 países.

É importante aclarar que non se trata dun procedemento de concesión de patentes nin substitúe ás concesións nacionais, senón que é un sistema polo que se unifica a tramitación previa á concesión. Ademais, este procedemento permítelle «comprar tempo», xa que pode atrasar a súa decisión de entrar na fase nacional ata 30 meses dende a data de presentación internacional ou de prioridade, no seu caso, e manter en segredo o seu invento un mínimo de 18 meses o que pode resultarlle útil para pulsar a súa viabilidade e evitarlle gastos innecesarios.

A OEPM actúa como oficina receptora das solicitudes internacionais PCT cuxos titulares sexan españois ou residentes en España.

Os solicitantes españois teñen unha gran vantaxe, xa que a OEPM, ademais de Oficina Receptora, é Administración Internacional de Busca e Exame Preliminar Internacional, polo que os solicitantes poden realizar todas as actuacións relativas á tramitación de acordo co PCT ata a entrada na Fase Nacional (mes 30 dende a data de prioridade) en español e dun xeito accesible.

Esta vía PCT permite a solicitude electrónica (en liña), puidendo presenterse os ficheiros da descrición, reivindicacións e debuxos en formato PDF ou XML (por medio do programa PCT-Safe Editor).Dependendo da forma adoptada, aplícanse considerables descontos nas taxas de presentación, por iso a OEPM recomenda a utilización da vía electrónica.

É importante indicar que para determinados países cualificados polo Banco Mundial con economía de renda baixa, media-baixa ou media-alta, como algúns países de Iberoamérica, a OEPM ofrece descontos do 75% sobre a taxa de procura internacional

(http://www.wipo.int/pct/en/fees/oepm_fee_reduction.html).