Aviso legal


O titular do enderezo www.oepm.es é a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM).

A OEPM non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar a utilización das ferramentas e da información contida neste portal de Internet en relación coa adopción de decisións sobre o inicio, desenvolvemento ou resultado de procedementos administrativos. En particular, a información e os contidos deste portal non poderán ser alegados en procesos contraditorios coa Administración Xeral do Estado, non asumindo a OEPM ningunha responsabilidade polas discrepancias que puidesen existir entre os seus documentos administrativos e a súa publicación electrónica nestas páxinas.

Os datos persoais solicitados nos servizos de caixas de correos e subscricións que poida conter este portal inclúense en arquivos sometidos ó disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e no Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da devandita lei.

A OEPM non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través dos distintos enderezos de correo electrónico que aparecen nestas páxinas. A información obtida a través de caixas de correos contidas nestas páxinas ten carácter meramente informativo, sen que en ningún caso poida derivarse dela ningún efecto xurídico vinculante, consonte ó artigo 4 b) do Real Decreto 208/1996, do 9 de febreiro, polo que se regulan os servizos de información administrativa e atención ó cidadán.

A OEPM resérvase o dereito a realizar cambios no portal sen previo aviso, co obxecto de actualizar, corrixir, modificar, engadir ou eliminar os contidos do portal ou modificar o seu deseño. Así mesmo, non se responsabiliza dos contidos que incluíran terceiras partes nos hiperligazóns ou enlaces incluídos nesta páxina.

Os textos, a normativa e en xeral calquera información contida nas páxinas deste portal teñen carácter meramente informativo, polo que suxerimos que se comprobe a vixencia e exactitude dos datos nas fontes administrativas oficiais correspondentes.

Con respecto á reutilización da información contida nese portal, rexerán as seguintes

CONDICIÓNS XERAIS DE REUTILIZACIÓN:

As presentes condicións xerais, dispoñibles con carácter permanente en www.datos.gob.es/avisolegal”, vincularán a calquera axente reutilizador polo mero feito de empregar os documentos sometidos a elas.

Autorización de reutilización e cesión non exclusiva de dereitos de propiedade intelectual.

As presentes condicións xerais permiten a reutilización dos documentos sometidos a elas para fins comerciais e non comerciais. Enténdese por reutilización o uso de documentos que obran en poder dos órganos da Administración Xeral do Estado e os demais organismos e entidades do sector público estatal mencionados no artigo 1.2 do Real Decreto 1495/2011, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público estatal, por persoas físicas ou xurídicas, con fins comerciais ou non comerciais, sempre que dito uso non constitúa unha actividade administrativa pública. A reutilización autorizada inclúe, a modo ilustrativo, actividades como a copia, difusión, modificación, adaptación, extracción, reordenación e combinación da información.

O concepto de documento é o establecido no apartado 2 do artigo 3 da lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público, polo que comprende toda a información calquera que sexa o seu soporte material ou electrónico así como a súa forma de expresión gráfica, sonora ou en imaxe utilizada, incluíndo, en consecuencia, tamén os datos nos seus niveis máis desagregados ou «en bruto».

Así mesmo, esta autorización supón a cesión gratuíta e non exclusiva dos dereitos de propiedade intelectual, no seu caso, correspondentes a tales documentos, autorizándose a realización de actividades de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación, necesarias para desenvolver a actividade de reutilización autorizada, en calquera modalidade e baixo calquera formato, para todo o mundo e no prazo máximo permitido pola lei.

Condicións xerais para a reutilización.

Son de aplicación as seguintes condicións xerais para a reutilización dos documentos sometidos a elas:

         1. Está prohibido desnaturalizar o sentido da información.

         2. Debe citarse a fonte dos documentos obxecto da reutilización. Esta cita poderá realizarse do seguinte xeito: «Orixe dos datos: Oficina Española de Patentes e Marcas».

         3. Debe mencionarse a data da última actualización dos documentos obxecto da reutilización, sempre e cando estivese incluída no documento orixinal.

         4. Non se poderá indicar, insinuar ou suxerir que a OEPM, titular da información reutilizada, participa, patrocina ou apoia a reutilización que leve a cabo con ela.

         5. Deben conservarse, non alterarse nin suprimirse os metadatos sobre a data de actualización e as condicións de reutilización aplicables incluídos, no seu caso, no documento posto a disposición para a súa reutilización.

Exclusión de responsabilidade.

A utilización dos conxuntos de datos realizarase por parte dos usuarios ou axentes da reutilización baixo a súa propia conta e risco, a quen lle corresponde en exclusiva responder fronte a terceiros por danos que puidesen derivarse dela.

A OEPM non será responsable do uso que da súa información fagan os axentes reutilizadores nin tampouco dos danos sufridos ou as perdas económicas que, de forma directa ou indirecta, produzan ou poidan producir prexuízos económicos, materiais ou sobre datos, provocados polo uso da información reutilizada.

A OEPM non garante a continuidade na posta a disposición dos documentos reutilizables, nin en contido nin en forma, nin asume responsabilidades por calquera erro ou omisión contido neles.

Responsabilidade do axente reutilizador.

O axente reutilizador sométese á normativa aplicable en materia de reutilización da información do sector público, incluíndo o réxime sancionador previsto no artigo 11 da lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público.