A aparencia exterior dun produto ou dunha parte deste que se deriva de liñas, contornos, cores, forma, textura, materiais e/ou a súa ornamentación.
O debuxo ou modelo comunitario desprega os seus efectos na totalidade do territorio da Unión Europea.Ten carácter unitario; só pode ser solicitado e, se for o caso, concedido para todo o territorio da Unión Europea.
Pode solicitarse directamente ante a Oficina de Harmonización do Mercado Interior (OAMI) e tamén pode presentarse a solicitude ante a Oficina Española de Patentes e Marcas.