Información tecnolóxica

A OEPM conta cun volume de información tecnolóxica e comercial único en España polo seu contido, xa que inclúe todos os documentos de patentes, modelos de utilidade, modelos e debuxos industriais, deseños industriais, marcas e outros signos distintivos.

Información tecnolóxica

A OEPM ofrécelle distintas posibilidades para coñecer a tecnoloxía rexistrada sobre un tema.

Buscas gratuítas en Internet

  • O propio interesado realiza a busca, sen ter que divulgar a invención a terceiros.

     

    O acceso ás bases de datos é libre e gratuíto.

     

    É posible ver e imprimir o texto completo de boa parte dos documentos localizados.

     

    O contido das bases é o mesmo ao que ten acceso o persoal da OEPM, permitindo realizar buscas sinxelas con gran facilidade.

Buscas realizadas pola OEPM (servizo de pagamento)

  • Requírese proporcionar por escrito os datos técnicos máis característicos da invención.

     

    A busca é realizada por persoal da OEPM, con total confidencialidade.

     

    O resultado é unha lista de referencias de patentes cos seus datos identificativos e, na maioría dos casos, un título e un resumo.

     

    Mediante o vínculo correspondente a INVENES e Espacenet o usuario pode acceder a máis información, así como recuperar o documento completo.

Informe Tecnolóxico de Patentes (servizo de pagamento) ITP

Análise en profundidade das patentes e modelos de utilidade que se publicaron a nivel mundial e a súa relación coa información achegada polo solicitante (posible solicitude de patente, proxecto de investigación e/ou desenvolvemento, cuestión técnica determinada, etc.)

LEMBRE QUE...

  • *Non é obrigatorio realizar unha busca antes de presentar unha solicitude de Patente ou de Modelo de Utilidade; aínda que pode ser conveniente, para evitar empregar esforzo e diñeiro en algo que xa está patentado, para coñecer o Estado da Técnica, ou como orientación sobre como se redactaron outras solicitudes de temas relacionados.

     

    *Para que unha invención sexa patentable, o seu obxecto debe ser novo en todo o mundo, polo que unha busca soamente en bases de datos nacionais resulta insuficiente.

     

    *A busca previa de anterioridades non é unha garantía de novidade absoluta. Poden existir invencións que non están patentadas ou que non aparezan nas bases de datos no momento da busca (se a solicitude é moi recente, existe un período de segredo no que non pode ser consultada). E sempre hai que contar coa subxectividade de toda estratexia de busca, polo que non se pode asegurar a recuperación do 100% de documentos sobre un tema.