Introdución


Servizo Web ProtegeO C2O (versión 0.5.0)

A Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), no seu obxectivo de facilitar que aplicacións desenvolvidas por terceiras partes poidan realizar trámites de solicitudes para signos distintivos, invencións, deseños industriais, etc., de forma automatizada coa aplicación ProtegeO, pon a disposición o Servizo Web ProtegeO C2O. Na actualidade, ofrécese a posibilidade de realizar os trámites de solicitude e renovación de Marcas e Nomes comerciais mediante este servizo web.

A documentación publícase neste Servizo Web que lles ofrece axuda aos desenvolvedores de aplicacións sobre o formato XML utilizado, o formato das chamadas, etc. para a súa utilización dende aplicacións externas.

Para a utilización deste servizo, é necesario cubrir o formulario correspondente para solicitar o acceso e as credenciais (nome de usuario e contrasinal) á OEPM.