Xestión de carteiras e valoración de patentes


Calquera sociedade debera ser capaz de determinar o valor económico das súas patentes e identificar posibles riscos e oportunidades asociadas a elas.

Hai ferramentas dispoñibles no mercado que poden axudarlle a facerse unha idea do valor das patentes e carteiras de patentes. Isto pode ser importante para:

  • Conceder licenzas – coñecer o valor das súas patentes sitúao en mellor posición á hora de negociar contratos de licenza.
  • Tomar decisións de investimento – unha análise detallada das patentes que ten unha sociedade pode resultar un factor crítico para os investidores na sociedade.
  • Obter financiamento público.

A ferramenta informática IPscore pode axudarlle a avaliar e xestionar a súa carteira de patentes.

Pode usar IPscore para:

  • examinar a carteira de patentes da súa sociedade
  • analizar o valor de patentes concretas
  • aliñar a estratexia de patentes coa súa estratexia xeral de negocio
  • sacar o máximo partido ás patentes como ferramenta empresarial
  • identificar oportunidades e riscos

Cumplimente este formulario (https://www.epo.org/searching-for-patents/business/ipscore/register.html) para descargar de forma gratuita IPscore.

Vea una presentación de 30 minutos sobre IPscore:
http://www.epo.org/learning-events/e-learning/ipscore.html

Manual en español:
http://www.oepm.es/export/sites/oepm/comun/documentos_relacionados/PDF/IPscore_MANUAL.pdf

FAQ (preguntas frecuentes, modalidade: Xestión e valoración de patentes)

Más información: http://www.epo.org/searching/free/ipscore.html

Formación EPO http://www.epo.org/learning-events/events/search.html