¿QUE É UNHA SOLICITUDE INTERNACIONAL PCT?


O procedemento PCT facilita a tramitación das solicitudes para a protección das invencións cando se desexa obter a devandita protección en varios países, establecendo un sistema polo que a presentación dunha solicitude única produce os mesmos efectos que se esta solicitude fose presentada en cada un dos países que forman parte do Tratado PCT (136 a 1 de xaneiro de 2007).

É importante aclarar que non se trata dun procedemento de concesión de patentes nin substitúe ás concesións nacionais, senón que é un sistema polo que se unifica a tramitación previa á concesión.Ademais, este procedemento permítelle «comprar tempo», xa que pode atrasar a súa decisión de entrar na fase nacional ata 30 meses desde a data de presentación internacional ou de prioridade, no seu caso, e manter en segredo o seu invento un mínimo de 18 meses o que pode resultarlle útil para pulsar a súa viabilidade e evitarlle gastos innecesarios.

A OEPM actúa como oficina receptora das solicitudes internacionais PCT cuxos titulares sexan españois ou residentes en España.