Mediación e Arbitraxe


A Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) e a Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI) colaboran na promoción de métodos alternativos de solución de controversiasen materia de Propiedade Industrial (ADR, polas súas siglas en inglés Alternative Dispute Resolution) a través do Centro de Arbitraxe e Mediación da OMPI.

Os ADR son procedementos alternativos para a resolución de controversias sen recorrer á vía xudicial, entre os que se encontran a decisión de experto, a mediación e a arbitraxe. Teñen como obxectivo chegar a un acordo de forma rápida e eficaz, reducindo custos en canto a tempo e diñeiro para as partes en conflito.

Algunhas das características destes procedementos son:

  • Decisión de experto: procedemento polo cal as partes someten un asunto específico (ex. cuestión técnica) a un ou máis expertos que tomarán unha decisión sobre o asunto, a cal pode ser vinculante sempre que as partes non acordaran o contrario.

  • Mediación: procedemento informal, consensual e non vinculante, no cal o mediador asiste ás partes na conclusión dun acordo para resolver unha controversia. Este acordo está baseado nos intereses respectivos das partes e non só na aplicación estrita de dereitos e obrigas en virtude dun dereito específico. O mediador non pode impoñer unha decisión e o acordo ten a validez dun contrato.

  • Arbitraxe: procedemento polo cal as partes someten unha controversia a un ou máis árbitros para a obtención dunha decisión vinculante e definitiva baseada en dereitos e obrigas en virtude dun dereito aplicable. A decisión é executable como laudo baixo a lexislación arbitral.

Máis información: