Admisión e matrícula


Os candidatos serán admitidos ao EQE se, na data do exame, cumpren os seguintes requisitos:

Titulación

Os candidatos deberán posuír unha titulación superior científica ou técnica; por exemplo, en bioloxía, bioquímica, química, electrónica, enxeñaría, farmacia, física, etc

No caso de non posuír a devandita titulación, poderán ser admitidos aqueles aspirantes que teñan experiencia demostrable de polo menos tres anos no campo das patentes.

Ver abaixo en Descargas: “Regulation on the European qualifying examination for professional representatives“, páxinas 18-21.

Actividade profesional

Os candidatos deben contar cunha experiencia laboral durante un mínimo de tres anos baixo a supervisión dun representante profesional ou como empregados ou axudantes dun empregado que se ocupe de asuntos relacionados con patentes nunha empresa establecida nun dos Estados contratantes.Este período de tres anos ampliarase a un total de seis para aqueles candidatos que non estean en posesión dunha titulación superior.

O período de formación práctica obrigatoria é moi importante, xa que gran parte dos coñecementos que necesita un Axente Europeo de Patentes obtense ó longo deste período.Durante este período, os candidatos deberán participar nunha ampla gama de actividades relacionadas coas patentes e solicitudes de patente.

Só se terán en conta os períodos de actividade profesional completados tras obterse a titulación esixida.O período de formación práctica considérase ata o día do exame.

Os examinadores da OEP poderán inscribirse no EQE se exerceron as funcións de examinador durante polo menos catro anos.

Prazos

O EQE celébrase unha vez ó ano, normalmente en marzo. No Boletín Oficial da OEP do ano precedente publícase un aviso indicando as datas do exame e a data límite para matricularse.

Taxa de exame

A contía da taxa depende do número de probas nas que se matricule o candidato e o número de veces que xa se presentara ó EQE.A taxa básica é de 130 EUR para o EQE de 2011.

Probas nas que pode matricularse o candidato

  • Todas as probas, na primeira convocatoria, ou
  • probas A e B, como primeiro módulo, na primeira convocatoria, e probas C e D, como segundo módulo, nunha convocatoria posterior dentro das tres seguintes convocatorias de exames
  • No suposto de que volva presentarse, pode facelo a tódalas probas que non aprobara ou só a algunhas delas, a elección do candidato.O candidato que suspenda unha ou máis probas pode volver presentarse tantas veces como sexa necesario.