Requisitos para a inscrición no Rexistro Especial de Axentes da Propiedade Industrial da OEPM


De acordo coa normativa que regula a profesión de Axente da Propiedade Industrial, os requisitos que deben cumprirse para obter a inscrición no Rexistro Especial de Axentes da Propiedade Industrial da Oficina Española de Patentes e Marcas son:

  • Ser español ou ter a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Ser maior de idade e ter despacho profesional en España ou nun Estado membro da Unión Europea.
  • Non estar procesado nin ser condenado por delitos dolosos, agás se se obtivese rehabilitación.
  • Estar en posesión dos títulos oficiais de Licenciado, Arquitecto ou Enxeñeiro, expedidos polos Reitores das Universidades, ou outros títulos oficiais que estean legalmente equiparados a estes.
  • Superar un exame de aptitude acreditativo dos coñecementos necesarios para a actividade profesional de Axente da Propiedade Industrial, na forma que determinan os artigos 59, 60 e 61 do Regulamento para a Execución da Lei de Patentes.
    A convocatoria do exame de aptitude publicarase, con suficiente antelación á data da súa realización, no Boletín Oficial do Estado e na páxina web da Oficina Española de Patentes e Marcas.
  • E, por último, reunidos os anteriores requisitos, constituír fianza a disposición do Director da Oficina Española de Patentes e Marcas e concertar un seguro de responsabilidade civil ata os límites que se determinan no Regulamento.

De conformidade co Real Decreto 278/2000, do 25 de febreiro, polo que se aproban os Estatutos do Colexio Oficial de Axentes da Propiedade Industrial, para o exercicio da profesión resulta requisito indispensable a colexiación dos Axentes no devandito Colexio.

A concorrencia dos requisitos sinalados acreditarase ante a Oficina mediante a presentación da documentación establecida para estes efectos polo Regulamento para a Execución da Lei de Patentes.