Directrices xerais para completar os formularios


A efectos de facilitarlles aos usuarios os procedementos perante a Oficina, a OEPM ofrece como alternativa, a posibilidade de empregar os formularios dispoñibles en Internet e que serán aceptados como válidos segundo indica a Instrución do 24-03-98. Estes formularios están preparados en formato PDF (Portable Document Format) de Adobe e pódense completar directamente, é dicir, non é necesario ter que imprimir primeiro e completar posteriormente.

Para a súa utilización, é imprescindible contar na súa instalación cun lector como o Acrobat Reader de Adobe®, que se pode descargar de Internet de forma gratuíta.

No caso de querer completar o formulario a través do navegador de Internet, activarase un "plug-in" de Acrobat Reader dende o seu navegador cando invoque os formularios premendo o vínculo a eles. Nese momento aparecerá na pantalla a folla inicial do formulario.

Non é necesario conectarse a Internet cada vez que queira completar un formulario. Pode gardar o arquivo PDF e completalo con Acrobat Reader cando o desexe. Aconsellámoslle en calquera caso que estea atento ás melloras que atopará en novas versións dos formularios.

Hai algunhas casas que o Acrobat Reader non lle permitirá completar, xa que son espazos reservados.

No pdf adxunto poderá ver os pasos a seguir para completar un formulario.