Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónInstrución do 24 de marzo de 1998, da Oficina Española de Patentes e Marcas, pola que se introducen os seus formularios normalizados na páxina que posúe en Internet.
O artigo 70.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común establece que as Administracións deben establecer modelos e sistemas normalizados de solicitudes cando se trate de procedementos que impliquen a resolución numerosa dunha serie de procedementos; estes modelos deben estar a disposición dos cidadáns.
No ámbito da propiedade industrial o artigo 3 do Regulamento para a execución da Lei de Patentes aprobado por Real Decreto 2245/1986, do 10 de outubro, e o artigo 2.1 do Regulamento para a execución da Lei de Marcas aprobado por Real Decreto 645/1990, do 18 de maio, prevén a utilización de impresos normalizados.
Por outra parte, o artigo 45 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administraciós Públicas e do Procedemento Administrativo Común regula a incorporación de medios técnicos ao desenvolvemento da actividade das Administracións Públicas cuxo emprego se impulsará. Este artigo recóllese no Real Decreto 263/1996, do 16 de febreiro, polo que se regula a utilización de técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas pola Administración Xeral do Estado.
A dispoñibilidade dunha páxina en Internet por parte desta OEPM permite completar os formularios normalizados a través deste medio.
Co gallo do exposto, dispoño o que segue:
Esta Instrución publicarase no Boletín Oficial da Propiedade Industrial e entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación.
Madrid, 31 de marzo de 1998