Deseños Industriais


Como se rexistra un deseño industrial noutros estados?

 

1. DIRECTAMENTE

 País por país, depositando as correspondentes solicitudes en cada un dos países nos que se quere rexistrar o deseño industrial, reivindicando a prioridade dun primeiro depósito en España (para non perder a novidade nin o carácter singular). Nesta ligazón pode acceder ás páxinas web de importantes oficinas nacionais

Oficinas Nacionais de P.I

Os custos derivados da protección poden calcularse en:

Cálculo custos

 

2. Mediante un DESEÑO INTERNACIONAL

Por este procedemento, regulado polo Acordo de A Haia (Acta de Xenebra), pódese obter protección en moitos países depositando unha única solicitude, a través da Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI) (Xenebra), tendo o rexistro os mesmos efectos que se a solicitude fose presentada en cada un dos países designados. Cada país pode conceder ou denegar a protección.

Se se solicita na OEPM aplicarase unha taxa de transmisión (taxa de rexistro internacional ante a OEPM).

A duración deste rexistro é de 5 anos renovables ata un máximo que depende de cada Estado.

Países membros do Acordo de A Haia

Formularios para presentar unha solicitude

Taxas

Máis información

 

3. Mediante un DESEÑO COMUNITARIO

 Establece a posibilidade de obter mediante unha única solicitude, que se poderá presentar a elección do solicitante ante a OEPM ou a EUIPO (Alacante), protección nos 28 Estados membros da Unión Europea (UE).

A duración deste rexistro é de 5 anos renovables ata 25.

Presentación electrónica EUIPO

Comparación taxas para a protección dun expediente con 10 deseños

 

TAXA

DESEÑO NACIONAL
(España)

DESEÑO UE
(28 Estados)

  Solicitude de Rexistro

75€

1.265€

  Publicación solicitude

-

660 €

  Renovacións sucesivas
  cada 5 anos

95€

95€

95€

95€

900€

1.200€

1.500€

1.800€

Máis información