Internacionalización


 

Nunha economía global, as empresas teñen unha crecente necesidade de obter, para unha mesma invención, protección a través de patentes en diferentes países.

De acordo cos datos da OCDE, que utilizan como indicador a porcentaxe de solicitudes prioritarias para as que a protección se estende a outras oficinas rexionais ou nacionais (véxase o gráfico), as empresas españolas tenden a protexer cada vez máis as súas invencións internacionalmente, utilizando especialmente como procedementos de protección a vía PCT (Patente internacional) e a vía da patente europea (EPO: Oficina Europea de Patentes).

A análise individualizada por países indica que os destinos preferentes son China, Estados Unidos de América, Canadá e Xapón.Este comportamento é moi similar ó dos países do noso contorno.

Internacionalización

¿Como protexer a súa invención fóra de España eficazmente?

Para protexer unha invención fóra de España existen diversas posibilidades e o solicitante debe valorar cal é a opción que máis lle interese en función de distintos criterios:a localización xeográfica onde queira a protección, o idioma no que se vai realizar a tramitación, o custo que é capaz de asumir ou os prazos nos que queira obter a patente.

Para facilitar o acceso ós sistemas de protección internacional, a OEPM apoia financeiramente a obtención de patentes no exterior a través dun programa de axudas que se convoca anualmente.Para obter unha información detallada destas axudas, pode consultarse a sección:

Inicio > Propiedade industrial > Axudas

As posibilidades que se ofrecen para a internacionalización son varias:

 

1. A Vía PCT (información adicional en:Invencións/Solicitudes internacionais PCT)

Con este sistema iníciase a tramitación de xeito simultáneo, a través dunha única solicitude, en máis de 140 países.

Os solicitantes españois teñen unha gran vantaxe, xa que a OEPM é Administración Internacional de Busca e Exame Preliminar Internacional, polo que pode realizar tódalas actuacións relativas á tramitación de acordo co PCT ata a entrada na Fase Nacional (mes 30 dende a data de prioridade) en español e dun xeito accesible.

Esta vía permite a solicitude electrónica (en liña) coa presentación dos ficheiros da descrición, reivindicacións e debuxos en formato PDF ou XML (por medio do programa PCT-Safe Editor).Dependendo da forma adoptada, aplícanse considerables descontos nas taxas de presentación, por iso a OEPM recomenda a utilización da vía electrónica.

É importante indicar que, para determinados países de Iberoamérica, a OEPM ofrece descontos do 75 % sobre a taxa de busca internacional (
(http://www.wipo.int/pct/en/fees/oepm_fee_reduction.html).

Merece especial atención o sistema de concesión acelerada da oficina inglesa de patentes.Grazas a este, de realizarse unha solicitude PCT que teña un informe de patentabilidade positivo, aplicaráselle un sistema de concesión rápida (<i>Fast Track</i>) ó facer unha solicitude de entrada na fase nacional no Reino Unido.

Máis información:
http://www.ipo.gov.uk/about/press/press-release/press-release-2010/press-release-20100528.htm

 

2. A Vía europea(información adicional en invencións/Patente europeas )

Por esta vía chégase á concesión dunha patente que pode ter validez ata en 38 países do ámbito europeo (membros en maio de 2011).

Como esta solicitude se pode presentar español, aplícaselle un desconto dun 20 % sobre a taxa de presentación (en calquera das modalidades en liña ou en papel) e outro 20 % sobre a taxa de exame (Regra 6.3 do Convenio de patente europea).Esta solicitude deberá ser traducida a un dos idiomas oficiais antes de tres meses.

De tratarse dunha solicitude EuroPCT, é dicir, unha solicitude internacional PCT que entrou en fase rexional en Europa e cuxo informe de procura internacional foi realizado pola OEPM, a taxa do informe de procura suplementario europeo verase reducida en 940 euros, o que equivale a un desconto de máis do 50 % respecto á taxa (publicada no documento PCT Applicant's Guide, National Phase, National Chapter, EP http://www.wipo.int/pct/guide/en/gdvol2/annexes/ep.pdf )

Ademais, o 28 de xullo de 2010, a Oficina Europea de Patentes (EPO) publicou unha noticia sobre os cambios no Convenio da Patente Europea (regras 141 e 70 do CPE) que supoñen que o traballo que realizasen determinadas oficinas nacionais, entre elas a OEPM, sobre unha solicitude de patente, pode ser utilizado posteriormente pola EPO na tramitación dunha patente europea que reivindique prioridade desta solicitude nacional.

http://archive.epo.org/epo/pubs/oj010/08_10/08_4100.pdf

 

3. Solicitude de patentes nas oficinas nacionais

Ademais das solicitudes PCT ou europea, un solicitante pode optar por facer rexistros individuais nos países onde lle interese protexer a súa invención.

Neste suposto débese ter en conta a normativa que se aplique en cada caso.

 

4. Patent Prosecution Highway (PPH)

Seguindo as liñas estratéxicas de impulso á internacionalización e mellora da xestión establecidas no marco do Plan de Promoción da Propiedade Industrial en España (Plan PI), a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) lanzou unha serie de acordos bilaterais coas oficinas de Estados Unidos de América (USPTO), Canadá (CIPO), Xapón (JPO), Finlandia (NPPR), Portugal (INPI) e Rusia (Rospatent).