Marcas


Como se rexistra unha marca noutros estados?

 

1. DIRECTAMENTE

País por país, depositando as correspondentes solicitudes en cada un dos países nos que se quere rexistrar a marca. Nesta ligazón pode acceder ás páxinas web de importantes oficinas nacionais.

Oficinas Nacionais de P. I

Como solicitar unha Marca en España

Máis información


2. Mediante unha MARCA INTERNACIONAL

Para solicitar unha Marca por este procedemento, é necesario ter previamente rexistrada unha marca a nivel nacional ou comunitario.

Por este procedemento, regulado polo Acordo de Madrid e o seu Protocolo (Sistema de Madrid) pódese obter protección en moitos países depositando unha única solicitude, na OEPM para o seu traslado á Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI) (Xenebra), tendo o rexistro os mesmos efectos que se a solicitude fose presentada en cada un dos países designados. Cada país pode conceder ou denegar a protección.

A duración deste rexistro é de 10 anos renovables indefinidamente.

Países membros do Sistema de Madrid

Formularios para presentar unha solicitude

Taxas

Máis información

 
3. Mediante unha MARCA DA UNIÓN EUROPEA

Procedemento regulado polo Regulamento da Marca da Unión Europea que establece a posibilidade de obter, mediante unha única solicitude que poderá presentarse a elección do solicitante ante a OEPM ou a Oficina de Propiedade Intelectual da Unión Europea (EUIPO) (Alacant), protección nos 28 Estados membros da Unión Europea (UE).

A duración deste rexistro é de 10 anos renovables indefinidamente.

Acceso ao web da EUIPO para a presentación electrónica dunha solicitude

Máis información