Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

Canto dura a protección dun dereito de Propiedade Industrial e como a podo prolongar?

Os dereitos de Propiedade Industrial mantéñense en vigor, sempre e cando se realice o pagamento das anualidades e taxas de renovación correspondentes, dentro dos seguintes prazos:

- Patentes. Un máximo de 20 anos dende a data de solicitude. Só no caso das patentes de produtos farmacéuticos e fitosanitarios é posible solicitar o que se coñece como Certificado Complementario de Protección (CCP), que estende, por un período máximo de cinco anos, a protección da patente unha vez caduque.

- Deseños Un máximo de 25 anos.

- Signos distintivos. Poden manterse indefinidamente mediante a oportuna renovación.

Unha vez transcorridos os prazos indicados, as invencións son de dominio público e calquera persoa pode utilizalas libremente. É importante sinalar que as Patentes e os Deseños Industriais non se poden "renovar" indefinidamente como sucede nas marcas.

< Volver á lista de resultados