Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

Que é unha oposición?

É posible que ante a solicitude dun Dereito de Propiedade Industrial, ben sexa unha Patente, unha Marca ou un Deseño, os terceiros se poidan “ opor ” á concesión.

Para iso preséntase ante a OEPM o correspondente escrito, que se lle fará chegar ao titular da solicitude fronte á que se presentou a oposición e terá a posibilidade de contestar á mesma.

Á vista das oposicións presentadas polos terceiros e das correspondentes alegacións contestadas polo titular da solicitude a OEPM ditará unha resolución motivada.

< Volver á lista de resultados