Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

¿Que é un deseño industrial?

No ámbito da Propiedade Industrial enténdese por deseño industrial a aparencia ou ornamentación dun produto, que fan que visualmente sexa diferente a outro sen ter en conta ningunha das súas características técnicas ou funcionais.

Como norma xeral, un deseño industrial pode consistir en:

  • elementos tridimensionais, como a forma dun produto
  • elementos bidimensionais, como os adornos, figuras, liñas ou cores do produto
  • unha combinación de elementos como os mencionados

< Volver á lista de resultados