< Volver á lista de resultados
Para obter unha patente con efectos en España poden utilizarse tres vías:
— Vía nacional.A solicitude elabórase seguindo os requisitos establecidos pola Lei española de Patentes, do 20 de marzo de 1986.
— Vía europea:España forma parte dende 1986 do Convenio da Patente Europea, que permite obter un conxunto de patentes nacionais a través dunha única solicitude na Oficina Europea de Patentes (EPO).
— Vía internacional ou PCT:dende 1989 España forma parte do Tratado de Cooperación en materia de patentes (PCT).Este sistema permite solicitar a protección dunha invención en cada un dos estados asinantes do Tratado Internacional de Patentes (139 en 2008), mediante unha única solicitude.Non se trata dun procedemento de concesión de patentes, nin substitúe as concesións nacionais, senón que é un procedemento mediante o cal se unifica a tramitación da protección internacional.