< Volver á lista de resultados
O solicitante pode elixir voluntariamente entre o Procedemento Xeral de Concesión ou o Procedemento con Exame Previo.
En ambos os dous casos a OEPM, unha vez recibida a solicitude e examinada formalmente, procede a elaborar o que se coñece como Informe sobre o Estado da Técnica (IET), no que se indican aqueles documentos que a xuízo do examinador responsable se relacionan coa solicitude de patente analizada.
No caso de que o solicitante opte polo Procedemento xeral, a solicitude remata concedéndose, sempre que o solicitante continúe co proceso e aínda que o IET sexa desfavorable.
De optarse polo Procedemento con Exame Previo, a OEPM examina a fondo a solicitude de patente e procede á súa concesión ou ben á súa denegación (total ou parcial).