Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

¿Que requisitos son necesarios para obter unha patente ou un modelo de utilidade?

Tanto para patentes como modelos de utilidade son requisitos necesarios que as invencións sexan novas, impliquen actividade inventiva e teñan unha aplicación industrial.

No caso dos modelos de utilidade, estes requisitos son similares ás patentes, é dicir, novidade e actividade inventiva, aínda que se aplican dun xeito menos estrito.Ademais, os modelos de utilidade van ser sempre obxectos (instrumentos, ferramentas, aparatos, dispositivos) cuxa configuración, estrutura ou constitución determina unha vantaxe apreciable para o seu uso ou fabricación.

Por iso as invencións de procedemento, as variedades vexetais ou as invencións que incorporan materia biolóxica non poden ser protexidas como modelos de utilidade.

< Volver á lista de resultados