Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

¿Pode cambiar un expediente de modalidade: de modelo de utilidade a patente?

É posible solicitar o cambio de modalidade de modelo de utilidade a patente de invención ata o momento en que o examinador do modelo dea a orde de publicación deste no BOPI.

En caso de aceptarse o cambio, non se modifica a data de presentación ou prioridade.

Respecto á documentación, hai que presentar:

— escrito no que se solicite o cambio de modalidade e o motivo deste.

— primeira folla de instancia de solicitude mod. 3101 corrixida para solicitude de patente (na modalidade, indicarase: patente; no tipo de solicitude:cambio de modalidade; no expediente principal ou de orixe: modalidade, número e data do modelo de utilidade, así como os demais datos de solicitante, inventor, título, etcétera, é dicir, coma se fose unha solicitude de patente que presenta de novo) e asinada.

— folla do mod. 3106 por triplicado, que inclúa un resumo da invención nun máximo de 150 palabras.

— este trámite implica o pagamento dunha taxa por cambio de modalidade de 13,85 euros.O pagamento realízase na caixa mediante o formulario co código de operación 61 (dispoñible na delegación ou subdelegación —área de Industria e Enerxía— do Goberno da súa provincia) e, unha vez aboado na caixa, achegando o exemplar rosa á documentación de solicitude que nos remita.

Os formularios citados obtéñense da nosa páxina www.oepm.es, INFORMACIÓN E AXUDAS Ó SOLICITANTE:FORMULARIOS:PATENTE DE INVENCIÓN.

A presentación da documentación pode realizala nos mesmos lugares sinalados para depósito de patente ou modelo de utilidade.

Formalmente, o cambio de modalidade existe para dereitos españois:de patente a modelo e viceversa.Se vostede solicita unha patente europea dentro do prazo de prioridade (12 meses contados dende o depósito inicial do modelo de utilidade) automaticamente está a solicitar unha patente, xa que non está regulado o modelo de utilidade europeo.Neste caso, de concederlle a patente europea, tería unha vixencia de 20 anos, incluída España, se vostede a designou dentro da súa solicitude de patente europea

< Volver á lista de resultados