< Volver á lista de resultados
O titular dunha patente en vigor pode protexer as invencións que perfeccionen ou desenvolvan a invención principal solicitando o que se denomina adicións á patente.
Estas melloras ou perfeccionamentos deben sempre estar integrados co obxecto da patente principal no que se coñece unha mesma unidade inventiva.
As adicións teñen a mesma duración que lle quede á patente, non están suxeitas ao pagamento de anualidades e os modelos de utilidade non poden ter adicións.