Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

Se o Informe sobre o Estado da Técnica (IET) indica que a solicitude de patente non é nova ou lle falta actividade inventiva, ¿denégase a patente?

Cos actuais sistemas de concesión de patentes que existen en España, de optarse polo Procedemento xeral, o Informe sobre o Estado da Técnica non é vinculante, e unicamente axuda a valorar a patente.

Se este IET revela que a solicitude de patente non é nova ou lle falta actividade inventiva, o solicitante pode:

— decidir non continuar co procedemento e retirar a solicitude

— facer as modificacións que lle permita a lei, para tratar de mellorar a solicitude de patente, podendo optar por continuar o procedemento pola vía de exame previo.

— continuar co procedemento xeral de concesión.Neste caso arríscase a que unha vez concedida a patente, un terceiro trate de anulala por non cumprir os requisitos que establece a lei.

< Volver á lista de resultados