Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

¿Patentar ou non patentar? ¿Unha patente é a mellor opción para protexer a súa invención?

Se vostede desenvolveu un produto novo ou proceso, debe ter en conta a opción de patentar e considerala unha parte da súa estratexia de negocio.

Unha das cuestións clave para esta explotación constitúea a forma en que a empresa protexa os resultados das súas innovacións, é dicir, como evitar que terceiros se poidan aproveitar gratuitamente dos esforzos realizados pola empresa innovadora.

En xeral, ás empresas preséntanselles varias alternativas para a protección dos seus investimentos en innovación.Unha delas consiste en manter os resultados en segredo, dando lugar ao chamado "segredo industrial".A outra alternativa consiste en ampararse na protección que ofrecen as leis de propiedade industrial: patentes e modelos de utilidade.

< Volver á lista de resultados