Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

¿Podo patentar unha invención en España que xa estea patentada no estranxeiro?

Para que unha invención cumpra co requisito de novidade non pode estar comprendida no estado da técnica. O estado da técnica está constituído por todo o que antes da data de presentación da solicitude de patente se fixo accesible ó público en España ou no estranxeiro por unha descrición escrita ou oral, por unha utilización ou por calquera outro medio.

No caso formulado, ao estar a invención patentada por unha empresa noutro país, esta invención pertence ao estado da técnica e polo tanto non pode ser patentada.

< Volver á lista de resultados