Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

Unha invención realizada en España ¿debe patentarse primeiro no noso país?

En virtude do artigo 122 da Lei de patentes, existe a obriga de presentar inicialmente no noso país as invencións realizadas por residentes en España e que tiveron lugar neste país.

Esta cautela debe considerarse tendo en conta o réxime de segredo ao que se somete toda solicitude presentada durante os dous meses seguintes á súa presentación e que permitirá discriminar se o seu obxecto afecta os intereses para a defensa nacional.

A OEPM non pode vixiar que se incumpra esta obriga, pero o solicitante debe ter en conta que, de facelo, estaría a actuar contra a lexislación.

< Volver á lista de resultados