Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

¿Que son as invencións implementadas por ordenador? ¿É a forma de protexer os programas de ordenador a través de patentes?

A Lei de patentes 11/1986 establece que non poden protexerse os programas de ordenador como tales ó non tratarse dunha invención de aplicación industrial, é dicir, un aparato, mecanismo, instrumento, produto, etcétera, que se fabriquen nunha industria.

Os programas de ordenador están excluídos da protección do dereito de patentes porque se considera que non son invencións no sentido que esixe a lei:unha invención debe constituír a solución a un problema técnico.Isto supón que o código fonte, o código obxecto ou calquera outra forma de expresión dun programa de ordenador están excluídos do ámbito de patentabilidade, sendo o dereito de autor a vía establecida para a protección dos programas informáticos.

Así e todo, os efectos técnicos que se deriven da execución dun programa na medida que constitúan o medio para a solución dun problema técnico si poden ser obxecto de protección por unha patente.Así pois, un método para a compresión dun arquivo de son ou de vídeo de forma que o ancho de banda para a súa transmisión se reduza nun factor de dez pódese reivindicar nunha solicitude de patente, ou un método para detectar os erros producidos durante a transmisión de información dixital ou un método para mellorar a calidade na transmisión de imaxes alteradas pola introdución de ruído de alta frecuencia durante a súa transmisión.

No suposto que se queira rexistrar unha invención implementada por ordenador, non é suficiente dicir que o programa ten carácter innovador, e na solicitude de patente debe quedar perfectamente claro o problema técnico que se formula e a solución que se propón para a superación deste problema.En calquera caso, a protección non poderá recaer sobre o código do programa, senón sobre os efectos técnicos que se xeran como consecuencia da execución do programa e que, en definitiva, son os que permiten a superación da dificultade existente.

E, por suposto, a esta invención seranlle esixibles os requisitos de novidade e actividade inventiva, isto é, que o experto na materia de que se trate en cada caso poida chegar ao mesmo resultado que se pretende protexer dun xeito evidente.

< Volver á lista de resultados