Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

¿O sistema de patentes é longo?

Entre a presentación da solicitude da patente e a súa concesión adoitan transcorrer entre 26 e 36 meses.Non obstante, convén ter en conta varias circunstancias.

O titular da patente non carece por completo de todo dereito ata a concesión.Así, entre a presentación da solicitude e a concesión da patente, o solicitante dispón dos seguintes dereitos.

1. O dereito de prioridade, recoñecido por varios tratados internacionais, outorga ó seu titular un prazo de 12 meses para presentar unha solicitude de patente noutros países conservando nestes a data de presentación inicial.

2. Ademais, é posible obter rendibilidade económica da solicitude de patente:a Lei permite ceder, dar en garantía, e licenciar tanto as patentes solicitadas como as concedidas.Isto significa, por exemplo, que pode hipotecarse (mediante a constitución dunha hipoteca mobiliaria) unha solicitude de patente e financiar así a explotación inicial.

3. Dende a publicación da solicitude de patente, o solicitante goza dunha protección provisional que permite esixir unha indemnización razoable a calquera persoa que infrinxa o que despois resulte ser o obxecto da patente.

O procedemento, aínda que pode parecer excesivamente longo, está deseñado para que o solicitante «compre tempo» evitando que teña que realizar un gran desembolso ó inicio.Atópase artificialmente dilatado para que o solicitante só pase a unha fase posterior se ten perspectivas de comercialización e implantación no mercado da súa patente.En resumo, é un procedemento estruturado nunha serie de etapas no que só se pasa á seguinte fase cando se superou a anterior, permitindo ó solicitante graduar e modular pagamentos.

Trátase dun procedemento cunha estrutura similar á dos principais países dos nosos arredores.

Mediante a «instrución sobre a aplicación de medidas internas para a implantación dun programa para a concesión acelerada dunha patente nacional» aprobouse un procedemento mediante o que pode reducirse considerablemente a duración do procedemento de concesión se se cumpren os seguintes requisitos:

1. As solicitudes de patentes españolas non reivindican prioridade.

2. O acurtamento dos prazos de tramitación será tanto maior canta máis celeridade empregue o solicitante para o cumprimento dos trámites sen esgotar os prazos legalmente establecidos.

3. O solicitante debe acollerse explicitamente ó programa de concesión acelerada.

4. Respectarase o prazo de segredo ó que alude o artigo 119 da Lei de patentes.

< Volver á lista de resultados