Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

¿Pódese dar a coñecer publicamente unha invención antes da presentación dunha solicitude de patente ou modelo de utilidade?

Non, se se quere obter a protección legal que outorga unha patente ou un modelo de utilidade.Só se poden protexer as invencións novas, é dicir, as que non foron dadas a coñecer ó público nin en España, nin no estranxeiro, nin por escrito, nin verbalmente nin por ningún outro medio; ou, o que é o mesmo, non poden estar incluídas no que se coñece como o «estado da técnica».

Exceptúanse do anterior algúns supostos, como a presentación da invención en exposicións oficialmente recoñecidas, en cuxo caso se dispón de 6 meses dende a data da exhibición da invención para realizar unha solicitude que debe ir acompañada do correspondente certificado oficial.

< Volver á lista de resultados