< Volver á lista de resultados
Os custos aproximados ata a concesión da patente son os seguintes (2008) (para coñecer as cifras exactas debe consultarse a alínea correspondente):
|
Patente nacional en España sen Exame Previo |
700 |
€ |
|
Patente nacional en España con Exame Previo |
1.200 |
€ |
|
Europea (status 2006) |
35.000 |
€ |
|
PCT (Fase Internacional sen Exame preliminar) |
2.610 |
€ |
As cantidades referidas sobre patente nacional inclúen un Informe do Estado da Técnica realizado por un experto na materia da invención reivindicada e unha posible emenda de defectos na solicitude. Este informe vai precedido dunha exhaustiva busca nun fondo documental de 70 millóns de documentos e diagnostica a novidade da patente solicitada.
O custo da patente europea refírese a unha solicitude media que busque a protección en 11 estados e inclúe os gastos de procedemento, validación e tradución á lingua deses estados.O 39% dos gastos corresponde ás traducións.
O custo medio en euros do procedemento internacional PCT, que é un procedemento preliminar para presentar solicitudes de patente ata en 139 países (2008) non inclúe as taxas nacionais, que serán fixadas polas respectivas oficinas de patentes e cuxo pagamento é necesario para que a invención se protexa nos países designados.Só inclúe a fase internacional, que será continuada pola fase nacional de recoñecemento país a país previo pagamento das taxas que correspondan.
Nos custos descritos, non se inclúen os pagamentos a axentes da propiedade industrial.