< Volver á lista de resultados
O titular da patente está obrigado a explotala, ben en por si ou a través dunha persoa autorizada por el, mediante a súa execución en España ou no territorio dun membro da Organización Mundial do Comercio.
A explotación deberá realizarse dentro do prazo de catro anos dende a data de presentación da solicitude de patente, ou de tres anos dende a data en que se publique a concesión desta no "Boletín Oficial da Propiedade Industrial", con aplicación automática do prazo que expire máis tarde.
No caso de que a patente non sexa explotada poderá caducar.