< Volver á lista de resultados
Como regra xeral, o dereito a unha invención laboral realizada por un traballador contratado por unha empresa para realizar unha actividade inventiva pertence, agás pacto en contrario, ao empresario do que depende.
Só no caso de que a achega do traballador á invención exceda de xeito evidente ao seu contrato ou relación de traballo, terá dereito a unha remuneración suplementaria.
Se o traballador non está contratado para investigar pero obtén unha invención grazas ós medios ou coñecementos adquiridos na empresa, o empresario pode decidir entre obter a titularidade ou reservarse un dereito de utilización da invención, debendo en ambos casos compensar economicamente ó traballador.