Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

¿Que apoios ten o inventor?

Existen diferentes tipos de axudas concedidas por diversos organismos públicos e comunidades autónomas.A xestión destas axudas é competencia de cada un dos Organismos.Co fin de facilitar o acceso a esta información, na páxina web da OEPM incluíuse unha sección na que se resumen as características principais das devanditas axudas e se ofrece información de contacto para cada un dos organismos públicos responsables da súa xestión.

A OEPM permite o aprazamento do pagamento para solicitantes con baixos ingresos.Este aprazamento axuda a que as persoas cuxos ingresos non superen o cuádruplo do salario mínimo interprofesional, soliciten que lles sexa concedida a patente sen necesidade de satisfacer taxas de ningunha clase durante os tres primeiros anos, resarcindo nos anos sucesivos as cantidades que deixasen de aboar.

Esta exención concédese automaticamente a persoas cuxos ingresos sumados aos do seu cónxuxe non superen o dobre do salario mínimo interprofesional e poderá ser igualmente outorgada ás persoas cuxos ingresos non superen o cuádruplo do salario mínimo interprofesional atendendo as cargas económicas do interesado.

Por iso, as copias con modificacións irrelevantes estarían a infrinxir a lei e podería actuarse contra elas.

Dende o ano 2007, a OEPM dispón tamén dun programa de subvencións para axudar ós solicitantes de patentes europeas ou internacionais. Estas axudas concéntranse nos custos de tradución e as taxas por pagar nas diferentes oficinas nacionais ou rexionais para obter unha patente, a condición de que reúnan os requisitos que establece a convocatoria que se publica anualmente no BOE. Na páxina de Internet da OEPM é posible consultar toda a información relacionada con este programa de axudas.

< Volver á lista de resultados