< Volver á lista de resultados
Con carácter xeral, a nosa lexislación establece que a carga da proba incúmbelle ó demandante (art. 217.2 da lei de axuizamento civil, lei 1/2000).
Con todo, en determinados casos prodúcese a inversión da carga da proba, é dicir, esta recae no demandado.
Así, no suposto previsto no artigo 61.2 da lei de patentes (lei 11/1986), se unha patente ten por obxecto un procedemento para a fabricación de produtos ou substancias novos, presúmese, salvo proba en contrario, que todo produto ou substancia das mesmas características foi obtido polo procedemento patentado.Isto é, o demandado deberá probar que o produto foi obtido a través dun procedemento distinto do patentado.