< Volver á lista de resultados
Dez anos dende a data da súa solicitude. Aos dez anos debe renovarse a marca e/ou o nome comercial. A marca e/ou o nome comercial poden renovarse indefinidamente.
A OEPM avisarao do vencemento do devandito prazo con antelación suficiente. É importante que comunique á OEPM calquera cambio de domicilio. É recomendable que sinale como medio de notificación preferente un enderezo de correo electrónico, dada a rapidez coa que recibirá calquera aviso por este medio.
A pesar do indicado anteriormente, debe terse en conta que aínda seguen en vigor algúns rexistros nacionais concedidos baixo a antiga lexislación de marcas polo que, se a súa data de solicitude é previa ao 12 de maio de 1989, recoméndase consultar cos servizos de información da Oficina co fin de determinar a próxima data de renovación e pagamentos da súa marca nacional.