Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

¿Que é o que non pode ser obxecto de marca?

A Lei establece unha serie de prohibicións:

  • Signos que non teñen capacidade abondo para distinguir, por exemplo, un punto ou unha liña sen ningún outro elemento caracterizador, posto que dificilmente serían percibidos como "marca" polo consumidor.
  • Signos xenéricos e específicos, por exemplo chocolate para distinguir "chocolate", aqueles que se compoñan exclusivamente de signos que no comercio ou na linguaxe corrente chegaran a constituír unha denominación necesaria ou usual de produto ou servizo do que se trate, por exemplo, "Rollitos de primavera" para distinguir produtos alimenticios.
  • Signos descritivos: os que se compoñan exclusivamente de signos ou indicacións que sirvan no comercio para designar a especie, a calidade, a cantidade, o destino, o valor, a procedencia xeográfica, a época de produción do produto ou da prestación do servizo ou outras características dos produtos ou do servizo, por exemplo, "Edición selecta", ou "Fresas de maio".
  • Signos enganosos, por exemplo, "Oleoliva" para distinguir todo tipo de aceites e graxas comestibles.
  • Signos contrarios á Lei ou á orde pública, por exemplo, calquera marca xenófoba ou sexista.
  • Formas que veñan impostas por razóns de orde técnica ou pola natureza dos propios produtos ou que afecten o seu valor intrínseco, por exemplo, a representación dunha antena parabólica para distinguir antenas parabólicas ou a dun limpaparabrisas para limpaparabrisas, ou a representación dun lapiseiro sen ningún elemento de fantasía ou caprichosa.
  • Determinados signos protexidos legalmente como bandeiras e escudos de Estados, Comunidades Autónomas, etc.

< Volver á lista de resultados