< Volver á lista de resultados
Nalgúns supostos tamén podería obterse o rexistro dunha marca ou nome comercial similar a outros anteriores, cando os produtos, servizos ou actividades que distinguen sexan o suficientemente dispares como para non inducir a erro ou xerar un risco de asociación, por exemplo, DULCILIA concedida para distinguir "mantas" da clase 24, non impediría o rexistro da mesma denominación para amparar "unha publicación periódica" da clase 16. Este chamado "principio da especialidade", quebra cando se trata de marcas notorias ou de renome. A marca notoria e a marca de renome gozan dunha protección legalmente reforzada, e non podería concederse, por exemplo, CAMPOFRÍO para "bebidas alcohólicas" da clase 32, dada a súa notoriedade no sector alimenticio, aínda que non sexa exactamente en relación coas bebidas.
A OEPM fai, en relación con cada nova solicitude, unha busca informática de anterioridades e cursa un aviso, con fins meramente informativos, ao solicitante ou titular de rexistros anteriores, para que, se o desexa, poida formular oposición. Se non hai oposición de terceiros, a OEPM non poderá ditar suspenso nin denegar de oficio a nova solicitude por semellanza cun dereito anterior.