< Volver á lista de resultados
Resultados da procura
¿Como protexer unha marca con efectos en España?
A protección en España obtense de varias formas:
- Vía nacional. A solicitude elabórase seguindo os requisitos establecidos pola Lei 17/2001 do 7 de decembro de marcas.
- Vía Comunitaria: Existe a posibilidade de obter unha MARCA COMUNITARIA mediante unha única solicitude, que poderá presentarse a elección do solicitante ante a OEPM para o seu traslado á OAMI ou directamente á OAMI (Alacant). A devandita marca é unha para todos os efectos, concedéndose, denegándose ou anulándose para todo o territorio da Unión Europea.
- Vía internacional: pódese obter protección en ata 78 países (entre eles España) depositando unha única solicitude na OEPM para o seu traslado á Oficina Internacional de OMPI (Xenebra), tendo o rexistro os mesmos efectos que se a solicitude fose presentada en cada un dos países designados. Cada país pode conceder ou denegar a protección. Trátase dunha solicitude única pero que, unha vez rexistrada en todos os países designados, dá lugar a un conxunto de rexistros nacionais igual que se se solicitasen país por país.
< Volver á lista de resultados