Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

¿Como podo protexer unha marca no estranxeiro?

A protección no estranxeiro obtense de varias formas:

  • DIRECTAMENTE país por país, depositando as correspondentes solicitudes en cada un dos países nos que se quere rexistrar a marca.
  • Mediante unha MARCA INTERNACIONAL.
  • Mediante unha MARCA COMUNITARIA.

Toda a información sobre marcas, nacionais, internacionais e comunitarias pode consultarse na nosa páxina www.oepm.es SIGNOS DISTINTIVOS > MARCAS E NOMES COMERCIAIS. Alí atopará toda a información sobre o rexistro de marcas internacionais consonte ó Sistema de Madrid e toda a información sobre a marca comunitaria.

Se quere rexistrar unha marca comunitaria, recoméndase consultar a información na páxina www.oami.europa.eu

Se o que desexa é rexistrar unha marca internacional consonte ó Sistema de Madrid, é IMPRESCINDIBLE que parta dunha marca base nacional (a marca comunitaria é equivalente a unha marca nacional). Na sección de MARCA INTERNACIONAL, atopará toda a información, os formularios, as taxas, os países membros… sobre esta modalidade.

Nos países que non son membros do Sistema de Madrid nin pertencen á Unión Europea, deberá realizarse o rexistro en cada un deles conforme á súa lexislación e requisitos. Desde a nosa páxina, www.oepm.es > Ligazóns e enderezos de interese, pode acceder ás páxinas das oficinas nacionais de propiedade industrial.

< Volver á lista de resultados