Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

¿Como se realiza a cesión dunha marca?

Debe procederse á cesión do rexistro, ben mediante documento público, ben mediante contrato entre as partes. A liquidación dos impostos que procedan deberá consultarse na Axencia Tributaria.

Posteriormente, deberá solicitarse a inscrición da cesión á OEPM presentando o formulario de solicitude de inscrición de cesión de signos distintivos, ó que deberá achegarse un dos seguintes documentos (a elección dos interesados):

  • Copia compulsada do documento público debidamente liquidada dos impostos que procedan.
  • Impreso normalizado (documento de transferencia) debidamente enchido e asinado por ambas partes.
  • Impreso normalizado (certificado de transferencia).

Os impresos normalizados obtéñense en www.oepm.es, UTILIDADES > FORMULARIOS > As Marcas e os Nomes Comerciais

A solicitude de inscrición de cesión está suxeita ó pagamento dunha taxa que se establece cada ano.

< Volver á lista de resultados