Deseños Comunitarios


¿Que é un Debuxo ou un Modelo Comunitario?

A aparencia exterior dun produto ou dunha parte deste que se deriva de liñas, contornos, cores, forma, textura, materiais e/ou a súa ornamentación.

¿Onde produce os seus efectos o Debuxo ou Modelo Comunitario?

O Debuxo ou Modelo Comunitario desprega os seus efectos na totalidade do territorio da Unión Europea. Ten carácter unitario; só pode ser solicitado e, se é o caso, concedido para todo o territorio da Unión Europea.

¿Onde pode solicitarse un Debuxo ou Modelo Comunitario?

Pode solicitarse directamente ante a Oficina de Harmonización do Mercado Interior (OAMI) (www.oami.europa.eu) con sede en Alacant, en Avda. de Europa, 4, 03008 Alacant; tamén pode presentarse a solicitude ante a Oficina Española de Patentes e Marcas (www.oepm.es) con sede en Madrid, Paseo de la Castellana, 75, 28046 Madrid. Nestes casos a OEPM remitirá a solicitude á OAMI e aplicarase unha taxa de recepción e transmisión (ligazón taxas de deseños).

Formularios de solicitude

O formulario de solicitude pode descargarse do sitio web da OAMI e pode presentarse directamente ante a OAMI ou a través da OEPM, mediante o pagamento dunha taxa de transmisión.

http://oami.europa.eu/es/design/form.htm

Taxas

http://oami.europa.eu/es/design/practical.htm

¿Cal é o prazo de vixencia dun Debuxo ou Modelo Comunitario?

O Deseño Comunitario rexistrado queda protexido nun principio durante un prazo de cinco anos, renovables por períodos de cinco anos ata un máximo de 25 anos, contados a partir da data de solicitude.

Para preguntas de carácter xeral sobre os Debuxos e Modelos Comunitarios, sírvase poñerse en contacto co seguinte enderezo: information@oami.europa.eu