Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónPara a protección xurídica das creacións de forma, a OEPM concede Deseños Industriais.
Un Deseño Industrial outorga ao seu titular un dereito exclusivo (a utilizalo e a prohibir a súa utilización por terceiros sen o seu consentimento), sobre a aparencia da totalidade ou dunha parte dun produto, que se derive das características de, en particular, as liñas, contornos, cores, forma, textura ou materiais do produto en si ou da súa ornamentación. Os deseños poderán ser bidimensionais ou tridimensionais.
A duración da protección conferida polos Deseños Industriais é de cinco anos contados dende a data de presentación da solicitude de rexistro, e poderá renovarse por un ou máis períodos sucesivos de cinco anos ata un máximo de vinte e cinco anos computados dende a devandita data.
Ver Lei 20/2003 do 7 de xullo, de Protección Xurídica do Deseño Industrial e o seu Regulamento de execución.