Deseños Internacionais


¿Que é o Rexistro Internacional de Deseños Industriais?

O Deseño Internacional enmárcase nun sistema de Rexistro Internacional de Deseños para países que están integrados no Acordo da Haia que comprende as Actas de 1934, 1960, 1967, Protocolo de Xenebra de 1975 e a Acta de Xenebra de 1999.

Tamén poderá solicitarse un Rexistro Internacional para protexelo na Unión Europea por esta vía (ver lista de membros do Acordo da Haia na páxina da OMPI: http://www.wipo.int/hague/es/members/index.html. Non pode utilizarse o sistema para protexer os deseños internacionais noutros países non membros.

Vantaxes do sistema

Co Acordo da Haia conséguese a simplificación e unificación dunha serie de trámites como serían o exame formal e a publicación, co obxecto de obter en cada un dos países designados un rexistro cos mesmos dereitos e obrigas que se se tratase dun deseño nacional.

Cunha única solicitude, nun único idioma e pagando unha única taxa en francos suízos pódese obter protección en multitude de países. Ademais esta protección pódese ampliar posteriormente a outros países membros do sistema en calquera momento por medio dunha solicitude de extensión territorial. É tamén destacable que un Rexistro Internacional de Deseños é máis doado de xestionar que varios deseños nacionais, tanto en caso de renovación como en cambios de titularidade ou de representante. En resumo, é máis sinxelo obter protección noutros países e tamén a xestión posterior desta protección.

¿Como se solicita un Rexistro de Deseño Internacional?

Poden solicitar un Rexistro de Deseño Internacional ante a OEPM as persoas físicas ou xurídicas que teñan nacionalidade española ou teñan o seu domicilio en España ou posúan un establecemento industrial ou comercial real e efectivo en España.

En caso de facelo a través da OEPM, a solicitude dun Rexistro de Deseño Internacional leva consigo unha taxa de transmisión con independencia das taxas que deben aboarse á Oficina Internacional.

Formularios de solicitude

Para presentar a solicitude de Deseño Internacional é necesario achegar un formulario (ver formularios na páxina OMPI http://www.wipo.int/hague/es/forms)

Se desexa ver as taxas relativas ao rexistro debe consultar a páxina http://www.wipo.int/hague/es/fees

Duración da protección

O Rexistro Internacional terá un período de validez inicial de cinco anos contados a partir da data do Rexistro Internacional. O rexistro poderá renovarse por períodos adicionais de cinco anos ata completar o período establecido por cada lexislación de cada Parte Contratante Designada.

Máis información sobre o Rexistro de Deseño Internacional

http://www.wipo.int/hague/es/general