Para a protección xurídica das creacións de forma, a OEPM concede Invencións Industriais
¿QUE É UNHA PATENTE?
- Unha Patente é un título que recoñece o dereito de explotar en exclusiva a invención patentada, impedindo a outros a súa fabricación, venda ou utilización sen consentimento do titular. Como contrapartida, a Patente ponse a disposición do público para coñecemento xeral.
- O dereito outorgado por unha Patente non é tanto o da fabricación, o ofrecemento no mercado e a utilización do obxecto da Patente, que sempre ten e pode exercitar o titular, senón, sobre todo e singularmente, "o dereito de excluír a outros" da fabricación, utilización ou introdución do produto ou procedemento patentado no comercio.
- A Patente pode referirse a un procedemento novo, un aparato novo, un produto novo ou un perfeccionamento ou mellora destes.
- A duración da Patente é de vinte anos que comezarán a contar dende a data de presentación da solicitude. Para mantela en vigor é preciso pagar taxas anuais a partir da súa concesión.
- Ver Lei 24/2015, do 24 de julio, de Patentes
¿QUE É UN MODELO DE UTILIDADE?
- O Modelo de Utilidade protexe invencións con menor rango inventivo que as protexidas por Patentes, as cales consisten, por exemplo, en dar a un obxecto unha configuración ou estrutura da que se derive algunha utilidade ou vantaxe práctica.
- O dispositivo, instrumento ou ferramenta que pode ser protexida polo Modelo de Utilidade caracterízase pola súa "utilidade" e "practicidade" e non pola súa "estética", como acontece no deseño industrial.
- O alcance da protección dun Modelo de Utilidade é similar ao conferido pola Patente.
- A duración do Modelo de Utilidade é de dez anos dende a presentación da solicitude. Para o mantemento do dereito hai que pagar taxas anuais.
- Ver Lei 24/2015, do 24 de julio, de Patentes