Todos os signos que poidan ser obxecto dunha representación gráfica, en particular, as palabras, incluídos os nomes de persoas, os debuxos, as letras, as cifras, a forma do produto ou da súa presentación, sempre que estes signos sexan apropiados para distinguir os produtos ou os servizos dunha empresa dos doutras empresas.
A marca comunitaria desprega os seus efectos na totalidade do territorio da Unión Europea.
A marca comunitaria ten carácter unitario; só pode ser solicitada e, se for o caso, concedida para todo o territorio da Unión Europea.
Pode solicitarse directamente na Oficina de Harmonización do Mercado Interior (OAMI) ( http://www.oami.europa.eu) con sede en Alicante, en Avda. de Europa, 4, 03008 Alicante; tamén pode presentarse a solicitude na Oficina Española de Patentes e Marcas (http://www.oepm.es) con sede en Madrid, Paseo de la Castellana, 75, 28046 Madrid. Nestes casos,a OEPM remitirá a solicitude á OAMI, e aplicarase unha taxa de recepción e transmisión (ligazón taxas de marcas ).
http://oami.europa.eu/es/mark/marque/form.htm
http://oami.europa.eu/es/office/marque/finan.htm
A marca comunitaria concederase por un período de 10 anos contados a partir da data de solicitude. O rexistro poderá renovarse indefinidamente por períodos sucesivos de 10 anos.